• SISTEMA DE APOIO Á XESTIÓN DOS MONTES NO EIDO LOCAL

Podémoslle axudar no logro dos seus obxectivos

Saxmel ten un único obxectivo, lograr o pleno desenvolvemento do recurso forestal actuando a escala local e da man de todos os actores do sector.
Saxmel aspira a convertirse nunha solución real trasladable a outros Concellos en Galicia, incluso noutras rexións onde o recurso forestal comparte moitos dos problemas que aquí temos.
Só será posible conseguir o obxectivo si todos os actores participantes colaboramos, moi especialmente as Administracións Públicas e a Propiedade Privada, xunto con emprendedores, empresarios, veciños, científicos, profesionais.

Implantación - Producción

Saxmel espera lograr a dinamización de entre o 50-60% do territorio nos concellos onde se implante.
Accions, iniciativas, e proxectos postos en marcha en todo o territorio.
Tanto a ferramenta como a base de datos serán cedidas a unha entidade de gorbernanza.
Auto-mantemento financeiro. Buscarase a independencia do servizo cada ano.

O Proxecto

Un modelo

Saxmel é un modelo funcional que ten por obxectivo coordinar a todos os axentes socio-económicos relacionados co recurso forestal nun Concello, co obxecto de acadar o pleno desenvolvemento do mesmo, dende unha visión multifuncional, sostible e participativa da xestión forestal moderna. Esto quere decir que cada acción ou proceso considerado estratéxico para o desenvolvemento do recurso forestal é diseñado e controlado co fin de garantir o éxito do mesmo (a creación de agrupacións de propietarios, a posta en marcha dun proxecto productivo ou non productivo e a prestación dun servizo técnico.

Un sistema

Saxmel é igualmente un sistema, implementado mediante o uso de ferramentas software SIG, que nos permiten aplicar o modelo previamente desenvolto no territorio. O Sistema non só concentrará datos e información sobre o recurso forestal local, senón tamén accións, proxectos e iniciativas que nos axudan na dinamización integral do recurso; todo elo debidamente planificado no modelo.

Un servizo

Saxmel é un servizo de proximidade que traballa con calquera axente socio- económico relacionado co recurso forestal no Concello obxectivo. A través do cal técnicos especializados prestan todo tipo de axuda técnica e de apoio á xestión, á vez que acompañan e impulsan proxectos xa en marcha ou calquera outro con potencial no territorio. O obxectivo é un só: lograr o pleno éxito do maior número de iniciativas ou proxectos, sin que ningunha quede desatendida, e xerar novas iniciativas que reforcen o recurso. O modelo detrás do Sistema é o que tracciona o conxunto de accións previamente deseñadas.

O Proxecto

Un modelo

Saxmel é un modelo funcional que ten por obxectivo coordinar a todos os axentes socio-económicos relacionados co recurso forestal nun Concello, co obxecto de acadar o pleno desenvolvemento do mesmo, dende unha visión multifuncional, sostible e participativa da xestión forestal moderna. Esto quere decir que cada acción ou proceso considerado estratéxico para o desenvolvemento do recurso forestal é diseñado e controlado co fin de garantir o éxito do mesmo (a creación de agrupacións de propietarios, a posta en marcha dun proxecto productivo ou non productivo e a prestación dun servizo técnico).

Un sistema

Saxmel é igualmente un sistema, implementado mediante o uso de ferramentas software SIG, que nos permiten aplicar o modelo previamente desenvolto no territorio. O Sistema non só concentrará datos e información sobre o recurso forestal local, senón tamén accións, proxectos e iniciativas que nos axudan na dinamización integral do recurso; todo elo debidamente planificado no modelo.

Un servizo

Saxmel é un servizo de proximidade que traballa con calquera axente socio- económico relacionado co recurso forestal no Concello obxectivo. A través do cal técnicos especializados prestan todo tipo de axuda técnica e de apoio á xestión, á vez que acompañan e impulsan proxectos xa en marcha ou calquera outro con potencial no territorio. O obxectivo é un só: lograr o pleno éxito do maior número de iniciativas ou proxectos, sin que ningunha quede desatendida, e xerar novas iniciativas que reforcen o recurso. O modelo detrás do Sistema é o que tracciona o conxunto de accións previamente deseñadas.

Que facemos

Promovemos
Impulsamos
Dinamizamos
Acompañamos
Coordinamos

Promovemos | Impulsamos | Dinamizamos | Acompañamos | Coordinamos

Apoio e promoción da xestión conxunta

O problema da estrutura da propiedade forestal é grave en Galicia, xa que lastra a competitividade. Polo que é necesario facer un importante esforzo, mediante o emprego de moi variados modelos según o caso, que leve á xestión conxunta do recurso.

Monte Multi-Producto

SAXMEL incorpora unha visión moderna do recurso forestal como un recurso multi-produto e multi- servizos, con criterios técnicos e coñecemento baseado na experiencia.

Educación Ambiental

SAXMEL promove accións educativas entre os escolares e adultos, establecendo sinerxias conn proxectos reais no terrritorio onde residen, logrando así o máximo impacto no seu aprendizaxe.

Proxectos produtivos

Proxectos relacionados co aproveitamento da biomasa para enerxía ou compostaxe teñen un gran potencial en Galicia.

O coidado medioambiental

Ainda que difícilmente SAXMEL poida solventar graves problemáticas ambientais, como o dos lumes, si vai contribuir de manera moi destacada na redución da súa gravidade, xa que imos promover o aproveitamente integral dos montes.

Aproveitamentos singulares

Os recursos dos nosos montes son moi variados, e SAXMEL vai promover e incentivar a posta en marcha de proxectos singulares sustentados no coñecemento técnico máis avanzado.

Proxectos de ocio

O ocio é un recurso máis dos nosos montes, sin embargo non é debidamente valorizado en toda a súa dimensión, SAXMEL trae o territorio as iniciativas máis innovadoras de toda Europa

Aproveitamentos complementarios

O uso do gando no monte para control do mato e o aproveitamento comercial dos animais permiten incorporar melloras significativas na economía dos produtores.

Proxectos sociais innovadores

Proxectos sociais innovadores, como a valorización de moitas madeiras locais para un amplo abanico de nichos de mercado, son posibles si contamos cun apoio a pé do territorio que facilite o coñecemento a os emprendedores.

Educación forestal

É necesario educar forestalmente aos xestores do mañá, inculcandoles boas práticas forestais e sobre todo o coñecemento do verdadeiro potencial do recurso dende unha óptica moderna e sustentable.

Cadeas de suministro

A posta en marcha de cadeas de suministro no rural e especialmente relacionadas co recurso forestal é algo moi complexo, pero SAXMEL parte do coñecemento e a confianza con todos os actores que poden facelo posible.

Proxectos complementarios

SAXMEL está permanentemente, grazas o seu coñecemento moi detallado do escenario forestal no territorio no que opera, na procura do establecemento de sinerxias entre os actores.

Un recurso moderno

A certificación forestal é un valor estratéxico para o recurso e imprescindible nos mercados, á vez que unha mellora na proteción do recurso. Galicia vai moi retrasada na súa implantación. SAXMEL permitiría dar un paso de xigante na súa expansión.

Aproveitamentos tradicionais

Son moitos os aproveitamentos tradicionais que por diversos motivos vanse, perdende ou non cobran o verdadeiro impulso que deberan, en moitos casos pola desinformación. O aproveitamento integral do castiñeiro é un claro exemplo.

Innovación

Produtos como iste, a leña, no que téndese a pensar que non é posible a innovación, amosan un claro exemplo do longo percorrido que ainda temos por diante.
Miembros de la Agrupación
Miembros subcontratados y colaboradores

FMC FORESTAL Y MEDIOAMBIENTE CONSULTORES
Mantoño, 7 Porto do Son | CP. 15999 | A Coruña
info@saxmel.es
Tlf. 981 766 293
Mov. 622 390 297
©2019 Saxmel. Todos os dereitos reservados